domingo, 20 de febrero de 2011

A fame no mundo

Parece mentira que a día de hoxe non sexamos capaces de garantir que todos os habitantes do planeta poidan contar cos alimentos necesarios para o seu benestar. Porén, en torno ó tema da alimentación atopamos numerosos problemas e mesmo contradiccións.

Por unha banda atopamonos co feito de que as colleitas son aritméticamente suficientes pero o fenómeno da fame sigue vixente. Isto débese a que se está levando a cabo un proceso de compra masiva de terras noutros países coa fin, na meirande parte, de adicar eses cultivos á producción de combustibles alternativos. Este proceso non pode menos que recordarnos varios procesos ocorridos ó longo da historia xa que non deixa de ser un novo proceso de colonización, que podemos pór en relación tamén coa deslocalización da industrias
(fábricas levadas ós países do terceiro mundo) que agora se dá tamén na producción de alimentos.

Podedes atopar máis información sobre este tema na seguinte ligazón: http://cooperacion.aupex.org/redlocalsolidaria/index.php?option=com_content&task=view&id=178&Itemid=1 

Neste enlace atopamos un articulo que fai un repaso historico dende a prehistoria e Guatemala para demostrar os estragos que causan no medio ambiente o colonialismo e neocolonialismo:
http://www.rlc.fao.org/iniciativa/cursos/Curso%202004/darlos1.pdf

Este proceso leva consigo outro problema, están grandes extensiós de terra mercadas por grandes multinacionais serán explotadas de maneira intensiva causando una grande porcentaxe de excedente rural, o mesmo que ocorreu en Europa durante a revolucción agraria a finais do s. XVIII e neste caso non hai unha industria incipiente que poida acoller tal cantidade de traballadores.

E por suposto non debemos olvidar os problemas que presenta a intensificación na producción de alimentos de alimentos que xa se fixeron patentes en Europa coa enfermidade das vacas tolas ou a gripe porcina así como os problemas ecolóxicos que pode producir un uso masivo de fertilizantes, a necesidade de grandes cantidades de auga para regadío...

É certo que na actualidade se poden producir alimentos en masa, sen necesidade de terra nalgúns casos... pero son eses alimentos saudables ou non?
Aquí podedes atopar máis información sobre os chamados OMG (organismos xeneticamente modificados):http://www.ciepac.org/boletines/chiapasaldia.php?id=235



Fronte a esta tendencia intensificadora quedan algunha empresas que optan por un método de producción máis tradicional, o que supón unha menor productividade. Deste xeito dotan ó mercado de produtos máis caros pero de maior calidade, cousa que hoxe comeza a ser tida en conta. Temos a este respecto exemplos como o cerdo ibérico en Extremadura, ou mesmo o aceite de Quiroga ( Lugo).

Atopamonos pois nun momento que obriga a reflexionar sobre a distribución e as causas da fame no mundo e mesmo da calidade da maioría do sproductos que consumimos.




4 comentarios:

  1. Efectivamente, a información esposta na entrada lévanos a plantexarnos varios debates internos.

    Como ben dixexes, aritmeticamente,as contas,no reparto de alimentos obtivos a nivel mundial, dan, pero o certo e que cada vez parece haber máis fame no mundo. Ao mesmo tempo, os avances para obter máis beneficos ou máis alimentos son asombrosos. Sería lóxico pensar que se destinaran estas maneiras de obter máis alimentos a países que necesitaran destes medios, pero non, a lóxica non move Occdiente. O Que facemos e quedarnos con todo, os alimentos e as novas maneiras de obtelos, pero quedámonos con el dun xeito receloso que quere máis e máis beneficios e ao final, a avaricia rompe o saco e chegamos a enfermar. Creo que ata pode soar irónico que nas nosas sociedades, que gozan de tal grao de avance en todos os sentidos, desprecemos a boa calidade de certos productos e nos deixemos levar polo capital, poñendo en risco a propia saúde, isto parece unha burla para os sitios nos que realmente non poden acceder a ningún tipo de alimentos, bos ou malos.

    ResponderEliminar
  2. Estou totalmente de acordo contigo no feito de que parece que o único que intereresa é o diñeiro e sen preocuparnos pola nosa saúde buscamos os prezos máis baixos.

    En canto ó que dis de que non compartimos os nosos coñecementos para mellorar a alimentación nos paises subdesenvolvidos, no é só iso, senón que lles quitamos as súas terras co que en vez de axudar, empeoramos máis a situación.

    ResponderEliminar
  3. Ademais de poñer en perigo a nosa saúde consumindo estes produtos, moitas veces cometemos outro erro moi importante: cando aparece unha nova enfermidade relacionada coa alimentación, enseguida culpabilizamos a gobernos e empresas do sector da alimentación ( que evidentemente teñen parte da culpa)de xeito que nos ´facemos as victimas´. Non podemos olvidar que nós somos os que demandamos esta produción masiva sen pensar nas consecuencias ata que aparecen as enfermidades e outros problemas. Deberiamos reflexionar , como ben di o artigo,sobre o que estamos a facer e se isto é viable.

    ResponderEliminar
  4. Lo peor, es que ademas de jugar con nuestra salud,perjudican a los países mas desfavorecidos explotando su economía de subsistencia. Debemos movilizarnos para conseguir un cambio a mejor.

    ResponderEliminar